Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Xulgado nº5 investiga o derrubamento

A fachada do número 4 da rúa García Barbón, o inmoble derrubado, non será desmontada, xa que unha orde do Xulgado nº 5 de Vigo impideo. O xuiz titular deste xulgado decidiu agardar ata que se elabore un informe no que se aclaren as causas do suceso.

- 00:31 05/03/1999
Tags:

A pesares da intención do goberno municipal, que considera un perigo, manter esta fachada que podería virse abaixo e, dos técnicos da Consellería de Interior e mailo visto bó da Inspección de Traballo que, supervisaron os edificios afectados polo derrube, tan e como solicitou a xuiz á maior brevidade posible este, tras aceptar nun principio os informes suspendeu a orde. Foi o titular do xulgado nº 5 o que decidiu paralisar as anteriores decisións. Na orde emitida por este xulgado, prohíbese tocar o edificio e maila súa fachada coa fin de que novos informes sobre o tema seanlle aportados. Manuel Pérez, que desexa desmontar a fachada polo valor arquitectónico que posúe en lugar de derruila, agarda sen embargo que o tiular do xulgado non se demore nas súas conclusións. O alcalde considera que a situación do inmoble reviste gravidade para os cidadáns que, a pesares da vixiancia policial, poderían achegarse ó lugar movidos pola curiosidade. Mentres se apraza esta decisión, o tráfico segue tamén interrompido no primeiro tramo da rúa García Barbón, o que xunto co corte que terá lugar o próximo lúns dun dos viais da Gran Vía, poderían convertir Vigo nunha cidade onde nin o próprio Job ousaría coller o seu vehículo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: