Preto de sesenta anos, segundo os agoiros máis pesimistas, lle levaría ao escenario tecnolóxico estatal poñerse á altura da media europea. As cifras recoñeceunas o propio secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, durante o Internet Global Congress, ao tempo que anunciaba a próxima presentación dun plan de converxencia para virar a negativa tendencia.
O obxectivo sería, segundo o responsábel de telecomunicacións no executivo, acadar a converxencia con Europa nun prazo non maior a cinco anos, tendo en conta que na situación actual, os prognósticos máis optimistas non agardan que o Estado español poida converxer tecnoloxicamente coa UE antes de 25 anos.
Ros laiouse tamén do défice do uso de internet nas empresas e a ampla fenda na introducción do comercio electrónico, máis de vinte puntos por baixo da media europea. Ao tempo que avanzaba que o goberno quere darlle un golpe de temón significativo á situación, fixaba no 7% sobre o PIB a meta para o volume de actividade do sector das tecnoloxías da información, estatística que na actualidade non supera o 5%, cunha preocupante evolución negativa no período máis recente.