Dúas asociacións do barrio da Milagrosa, unha de veciños e outra de comerciantes, presentaron un escrito común diante do Concello solicitando o troco do nome da rúa Dazaoito de Xullo, por considerar que fai referencia a feitos do pasado que supuxeron un grave enfrontamento no país.
As alternativas que se propoñen son básicamente dúas: Agro do Rolo e 25 de Xullo. O primeiro, é o nome que tiña a zona onde se foi configurando a Milagrosa antes de se urbanizar. O segundo, malia supor só unha semana de diferencia con respecto ó nome actual, está simbólicamente moito máis distante.
Trataríase de troca-la data do alzamento franquista pola do Día da Patria Galega, có matiz de que o 25 é unha data non excluínte e para algúns é, ademáis, o día do patrón de España.
Os grupos da oposición manifestáronse de acordo coa proposta, de feito xa a fixeran en distintas ocasións pero non se coñece a posición do Partido popular ó respecto.