Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
EMPRESAS DE REXISTRO INVESTIGADAS

Detectan unha fraude que lles afecta a 74 mil enderezos .eu

Os dous millóns de enderezos que xa suma o dominio .eu son exemplo do espectacular éxito conseguido pola iniciativa que poucos meses de funcionamento xa superou amplamente as previsións realizadas para o seu primeiro ano. Na inercia dese triunfo da proposta dun nome de dominio europeo na rede, un elevado número de empresas rexistradoras estaban aproveitando para tratar de ampliar negocio, amarrando nomes que despois trataban de revenderlles a empresas a prezos máis elevados.

- 16:35 26/07/2006
Tags:

A entidade europea Eurid, encargada de coordinar a xestión do dominio .eu vén de comunicar os resultados dunha investigación sobre a presunta existencia de irregularidades no rexistro de dominios baixo a forma .eu. O balanzo amosa que cando menos 400 empresas rexistradoras estarían implicadas en manexos ilegais cos nomes de dominio, apañando rexistros para a posterior revenda, ampliando a cota de beneficio.

Un pequeno número de empresas manipularon así o sistema, creando incluso ducias de compañías pantasma para ampliar a súa capacidade de acumular dominios. Por este motivo, a Eurid decidiu suspender a atribución de 74 mil dominios ao tempo que se inicia un proceso xudicial ao respecto, polo que o organismo xestor agarda que cara a fin deste ano poidan poñerse outra vez a libre disposición dos internautas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)