 
A sala Nasa adiántase á conmemoración do Día internacional da muller traballadora coa representación Mamaíta, no soy mala. A obra completa a triloxía dedicada á muller da compañía Balistic de Mateo Feijoo, galego afincado en Madrid.
 
											Un momento da obra
A bailarina Claudia Faci presenta o seu mundo íntimo acompañada das preguntas que formula a escritora e cantante Maite Dono acerca de varios momentos da súa vida. A peza, a medio camiño entre a performance, a danza e a música, verase na sala Nasa, en Compostela, o martes 6 a partir das dez da noite.
  Mamaíta, no soy mala está interpretada por Claudia Faci, Óscar Villegas, Luciana Peryra e Maite Dona, baixo a dirección de Mateo Feijoo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto