A Consellería de Vivenda anuncia que a nova normativa pode estar aprobada antes do verán.
A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, anunciou este martes na Coruña que as vivendas dun só dormitorio que se constrúan no país deberán ter un mínimo de 40 metros cadrados, conforme á futura normativa de habitabilidade que prepara o seu departamento.O actual Decreto de Habitabilidade, que data do ano 1992, permitía vivendas a partir dos 26 metros cadrados.
Na nova normativa, que Táboas agarda que estea aprobada antes do verán, tamén se contempla que os edificios de máis de cincuenta vivendas deberán ter un espazo colectivo para uso dos residentes.