A partir da fin de semana, coincidindo coas festas de verán, a vila de Boiro vaise encher de rock cun festival no que participarán trece grupos. O venres 29, a partir das dez da noite, actuarán Sínefres, de Escarabote; Green River Band, e Jabón Blue, grupo formado polo barbancés Javi Maneiro, que fora cantante de Heredeiros da Crus.
A cita será no local A Esmorga, que celebra dese xeito o seu terceiro aniversario. O domingo 1 será a quenda de dous grupos boirenses:
Síndrome de Estocolmo e
Supersandwich. O martes estarán
Mela-Pela, da Pobra do Caramiñal, e
Mac Feck.
A noite do 3 de xullo estará dedicada a Janis Joplin, á que se lle dedicará un especial, e actuarán as boirenses Agoraphobia. A cuarta feira 4 serán Smashing e Afrocuncas os encargados de darlle marcha ao festival, mentres que o día 5 tocaralles a
Alternativa, da Pobra e mais
Os Cangrexeiros, de Taragoña. E en plena resaca das festas, o venres 6, non haberá música pero si unha churrascada matinal ao peche do estabelecemento.