Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O nacionalista Xosé Antón Bao, vicepresidente 1º

O socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro é novo presidente da Deputación

Os socialistas xestionarán seis áreas e os nacionalistas dúas.

Redacción - 09:00 14/07/2007

"Unha nova Deputación de Lugo é posíbel", foi unha das frases escollidas por Xosé Ramón Gómez Besteiro, quen presidirá a institución provincial, para presentar a nova etapa, despois de case 25 anos co popular Francisco Cacharro no poder. Gómez Besteiro dixo estar seguro de que o acordo crea a base para un goberno "estábel e responsábel". Durante a comparecencia conxunta, o representante do BNG, Xosé Antón Bao, quen asumirá a vicepresidencia primeira da Deputación, destacou o esforzo realizado polas dúas formacións políticas para deseñar un pacto "sólido".
A distribución do novo goberno

1. A Presidencia e Vicepresidencia 2º recaerán nos/as candidatos/as do PSdeG-PSOE
2. As Vicepresidencias 1º e 3º recaerán nos/as candidatos/as do BNG
3. A Xunta Local de Goberno estará composta polo Presidente, 3 Vicepresidentes (con delegación de área) e 5 Delegados/as de área. Tratará e resolverá por consenso tódolos asuntos políticos antes da súa xestión, ou de ser elevados ó Pleno da Corporación.
4. Haberá oito áreas de xestión delegadas: 4.1. Economía, Facenda e Especial de Contas PsdeG-PSOE
4.2. Benestar Social, Igualdade, Xuventude e Turismo BNG
4.3. Promoción Económica e Emprego PSdeG-PSOE
4.4. Cooperación e Asistencia ós Concellos PSdeG-PSOE
4.5. Persoal e Réxime Interior PSdeG-PSOE
4.6. Cultura, Deportes, Educación e N. Lingüística BNG
4.7. Urbanismo e Medio Ambiente PSdeG-PSOE
4.8. Infraestructuras e obras PSdeG-PSOE

5. A Presidencia exercerá a dirección dos Servizos de Protocolo, Comunicación Social, edición do BOP, das TICs-Tecnoloxías Informativas e da Comunicación, do Parque Móbil e do Plano Estratéxico da provincia.

6. Os diferentes centros e/ou unidades adscribiranse ás Delegacións :
6.1. Benestar Social, Igualdade, Xuventude e Turismo: a UPT- Unidade de Promoción Turística
6.2. Promoción Económica e Emprego: o Centro de Artesanía e Deseño a Granxa Gaioso Castro
6.3. Cultura, Deportes, Educación e N. Lingüística: a Rede de Museos o ILEA.
6.4. Urbanismo e Medio Ambiente Centro Cinexético Pazo de Tor

7. Os tres grupos políticos contarán con local e medios técnicos, económicos e humanos para desenvolver o seu labor político.

8. A Xunta de Portavoces reunirase coa periodicidade necesaria.

9. O Consello de Administración do INLUDES estará formado polo Presidente, Vicepresidente 1º, 4 deputados/as do PSdeG-PSOE, 1 deputado/a do BNG, 1 deputado/a do PP e 6 membros de libre elección. Serán nomeados pola Xunta Local de Goberno, a proposta do Presidente, e ratificados polo Pleno.

10. O Padroado da Fundación TICs estará formado polo Presidente, 2 deputados/as do PSdeG-PSOE, 1 deputado/a do BNG e 1 deputado/a do PP e 2 membros de libre elección. Serán nomeados pola Xunta Local de Goberno, a proposta do Presidente, e ratificados polo Pleno.

11. Adquirese o compromiso de revisión e reformulación de tódolos regulamentos e/ou estatutos dos diferentes organismos autónomos, sociedades ou fundacións dependentes da Deputación para garantir a súa lexitimidade de acordo coa legislación vixente, a participación de todo os grupos políticos, a transparencia de xestión e a súa coordenación coas respectivas consellerías da Xunta de Galicia e outras administracións.

Seguimento dos acordos
No ámbito da Deputación de Lugo constituirase unha comisión paritaria para concretar e desenvolver a aplicación deste acordo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: