Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A institución constitúese este mércores

Complícase a negociación PSdeG-BNG para a Deputación da Coruña

Os nacionalistas cualifican de "excesivo presidencialismo" a proposta do PSdeG, advertindo de que o pacto é "moi difícil".

Redacción - 09:00 17/07/2007

A inercia da caída de Francisco Cacharro despois de case 25 anos de goberno ininterrompido conseguiu que, malia os problemas na capital luguesa, PSdeG e BNG fosen quen de conseguir antes ca os seus veciños coruñeses o pacto para a Deputación de Lugo.

Malia que xa gobernaron xuntos os últimos catro anos, socialistas e nacionalistas manteñen agora mesmo fortes diferencias cara á Deputación da Coruña. A dous días da constitución formal deste organismo, desde a comisión negociadora do BNG cualifican este luns de "moi difícil" a posibilidade de reedición do pacto.

Os nacionalistas consideran imprescindíbel que o PSdeG conceda o traspaso de competencias aos deputados delegados para que a Xunta de Goberno e o Pleno poidan controlar funcións que doutro xeito serían estreitamente controladas polo propio presidente da institución. "É o mellor xeito de avanzarmos na democratización da Deputación", aseguran desde o BNG.

A novo Corporación da Deputación da Coruña constituirase este mércores. Só 8 dos 31 deputados que formarán parte da institución van repetir durante estes próximos catro anos. Destes veternanos, cinco proceden do PSdeG (Salvador Fernández Moreda, Pilar Souto Iglesias, Xosé Nogueira, Antonio Lagares Pérez e Xosé García Liñares); dous do BNG, (Margarida Vázquez Veras e Pablo Villamar); e un do PP, Xosé Manuel López Varela.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: