Gigi Becali, líder do Partido da Nova Xeración (PNG), presentarase ás eleccións presidenciais do 2009.
"Quero crear barrios para que queden alí e nos deixen tranquilos". É unha das "medidas" do programa electoral de Gigi Becali, popular multimillonario romanés, presidente do club de fútbol Steaua de Bucarest e mecenas de igrexas e mosteiros.
O candidato á presidencia polo democristián Partidul Noua Generatie (PNG) xa demostrara a súa homofobia ao indignarse pola celebración da Semana do Orgullo Gai, en xuño, ou cando anunciou que había suprimir a canción We will rock you, de Queen, do repertorio da megafonía do estadio do Steua, por "incitar á destrución e estar cantada por un homosexual".
O PNG é un partido de dereita, conservador, que aposta polos valores morais e familiares cristiáns. Naceu no 99, da man de 17 persoas, e no 2004, George Becali foi nomeado presidente. Nas últimas sondaxes, dáselle unha intención de voto do 15%. En Romanía, a homosexualidade aínda foi despenalizada no 2001.