Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova 'Reflexión' do comandante

Castro a Aznar: "Aconsellou bombardear a radio e a televisión serbias?"

O presidente cubano acusa o ex mandatario español de complicidade co goberno estadounidense de Bill Clinton na guerra contra a antiga Iugoslavia.

Redacción - 13:05 01/10/2007
José María Aznar e Fidel Castro, en 1999

José María Aznar e Fidel Castro, en 1999

O presidente da República de Cuba, Fidel Castro, actualmente convalecente dunha grave enfermidade, deu a coñecer -nunha nova das súas Reflexións, titulada El silencio de Aznar- revelacións sobre a complicidade do ex presidente español co goberno de Estados Unidos na guerra contra a antiga Iugoslavia.

"Pídolle ao señor Aznar que diga se é ou non certo que aconsellou ao presidente Clinton o 13 de abril de 1999 bombardear a radio e a televisión serbias", conclúe Castro o texto, datado o 29 de setembro e publicado este domingo no diario Juventud Rebelde.

Segundo Castro, naquel encontro entre os presidentes español e estadounidense, José María Aznar e Bill Clinton, o primeiro díxolle ao segundo: "Se estamos nunha guerra, fagámola completamente para gañala e non só un pouco. Se necesitamos persistir durante un mes, tres meses, fagámolo. Non entendo por que non bombardeamos aínda a radio e a televisión serbias".

Poden consultar a Reflexión completa na web de Juventud Rebelde.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: