O SVP, partido de extrema-dereita suízo famoso polas súas campañas xenófobas contra os inmigrantes, volve estar de actualidade. Este domingo hai eleccións no país helvético.
Imaxe do videoxogo
O partido maioritario no parlamento de Suíza, o Schweizerische Volkspartei (en alemán) ou Union Démocratique du Centre (en francés), SVP-UDC, de extrema-dereita, colgou na súa web un videoxogo, Halte aux étrangeres criminels (Alto aos criminais estranxeiros, en francés), que consiste en impedir que as ovellas negras entren no país turrando cun cabrón branco.
O SPV, que este mes de setembro xa ocupara espazos nos medios de comunicación grazas a un cartel electoral xenófobo, argumentan que non hai ningún país no mundo onde vivan máis estranxeiros ca en Suíza e propoñen varios xogos co cabrón coma protagonista para dar a coñecer a súa mensaxe.
"Abusan da nosa hospitalidade, cometen delitos graves, ameazan as nosas propiedades, a nosa integridade psíquica e a nosa vida", afirman, e ofrecen estatísticas sobre o numero de crimes cometido por persoas que non naceron en Suíza.