Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
POLÍGLOTA

Nace en Nantes unha webradio para promover a Europa das culturas

Como facer que o público, especialmente os mozos, se interesen por Europa?

Redacción - 18:40 25/10/2007

Para Laurence Aubron, a resposta foi simple: crear unha radio local europea. "Despois do non ao referendo do 29 de maio de 2005, quixen reaccionar, facer comprender á xente que eran todos cidadáns europeos", explicou este antigo xornalista dunha radio local, hoxe á cabeza de Eur@dioNantes, unha webradio nantesa con vocación europea. "Non quería falar dunha Europa institucional nin de directivas demasiado abstractas, senón que quería interesar aos auditores polas culturas europeas falando da súa vida diaria", di.

Desde setembro, a segunda promoción desta radioescola chegou a Nantes. Son sete novos estudantes, alemáns, húngaros, suecos, franceses e portugueses. Dirixidos por dous xornalistas profesionais, realizan tres franxas horarias de información ao día, ata o próximo relevo, en febreiro de 2008. Jérôme Clément, Presidente de Arte e padriño de Eur@dioNantes, eloxia a dimensión pedagóxica do proxecto: "Hai urxencia en formar aos xornalistas sobre Europa." Só poderán propor unha mirada nova, auténtica, concreta sobre Europa vivindo eles mesmos esta realidade"

Emisora políglota
Algúns voluntarios da Unión Europea completan o equipo. Todas as semanas, un mozo Portugués anima desde a súa casa unha franxa musical sobre música lusa de actualidade e tres DJ´s berlineses tran os sons da capital alemá, en versión orixinal, non subtitulada.

Linguas diferentes que Laurence Aubron define como unha "Europa políglota, e é tamén iso que fai a súa riqueza". Na emisora atópase polo momento máis francés que linguas estranxeiras, pero o obxectivo da radio consiste en chegar ao equilibrio.

Establécense algunhas asociacións tamén con radios estranxeiras. Dúas estacións nacionais (a alemá Deutschewelle, e a española RNE) xa difunden algunhas das súas emisións consagradas a Europa sobre Eur@dionantes. Unha terceira colaboración está en curso co RAI Uno.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: