Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Polémico anuncio sobre o partido Euskadi-Cataluña

"Manolo el del bombo" e un garda civil armado irrompen en San Mamés

A plataforma a prol das seleccións deportivas vascas, ESAIT, vén de presentar un spot onde bonequiños da federación española e francesa de fútbol tentan impedir un encontro entre Euskadi e Brasil.

Redacción - 12:40 21/12/2007
Unha imaxe da presentación do spot

Unha imaxe da presentación do spot

Os vascos e os cataláns xogan dous días despois que Galiza en Balaídos; o sábado 29 en San Mamés. Baixo o lema "Nazio bat, selekzio bat" ("Unha nación, unha selección") a plataforma pola oficialidade das seleccións deportivas vascas, ESAIT, acaba de presentar un vídeo que está sendo abondo polémico.

Moitos xornais estatais publicaban a mañá da sexta feira información referida ao spot onde un grupo de bonecos-persoas, portadoras de faixas e bandeiras da federación española e francesa de fútbol irrompen no partido entre as seleccións vasca e a brasileira. Entre os españois pódese identificar a "Manolo el del bombo" e a un membro da garda civil armado, que tentan impedir que comece o encontro internacional. Dende as bancadas os seareiros vascos e brasileiros bérranlles, e ao final a negra sombra que cubría San Mamés desaparece, ao desaparecer os bonecos españois e franceses.

O presidente de ESAIT, Martxel Moledo dicía na presentación do anuncio que este "é divertido e alegre" e que non cre que sexa "provocador", e continuou, "nós reivindicamos a oficialidade das nosas seleccións. Se na federación española queren ver este vídeo (que vai aparecer en varias cadeas) e o queren comentar, estamos dispostos a escoitalos. Agardamos que o acollan con sentido do humor".

Sobre "Manolo el del bombo" e o garda civil
Moledo destacou que a personaxe máis coñecida relacionada coa selección española, Manolo el del bombo, foi incluída como monicreque no vídeo porque "significa moito. É unha pincelada divertida", mais o garda civil que entra no campo armado é outra historia.

Segundo o presidente da ESAIT, o garda aparece no vídeo porque "Euskal Herria está sometida e a sociedade vasca sofre na súa carne estas cousas. Se incluímos a garda civil é porque as forzas armadas están presentes no noso país para reprimir e isto é algo que non podemos aceptar de bo grao".

Os cataláns, de acordo co spot
"Compartímolo plenamente", dixo Sergi Blázquez, vicepresidente da Plataforma Pro Seleccions Esportives Catalanes sobre o anuncio.

Manifestación polas rúas de Bilbo
Antes do partido, ESAIT ten convocada unha manifestación que percorrerá as rúas de Bilbo, encabezada por ex futbolistas coma Mikel Aramburu, Gaizka Garitano, Markel Susaeta, Aduriz Aritz e Ustaritz; ciclistas coma Zubeldia, Astarloza ou Txurruka; e outros deportistas, como o levantador de pedras Iñaki Perurena.

Velaquí tedes o famoso anuncio:


Ligazóns

5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha captura do spot, tirado do EskalTube. O momento no que entran as federacións a impedir o encontro
Unha captura do spot, tirado do EskalTube. O momento no que entran as federacións a impedir o encontro
As bancadas, coa afección vasca e brasileira, anoxadas ante a chegada dos españois e franceses
As bancadas, coa afección vasca e brasileira, anoxadas ante a chegada dos españois e franceses