Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Cobertura televisiva especial na TVG

"O fútbol galego une": 24 horas de 'Irmandiña'

Seguimento especial da Galega, que emite ademais todos os partidos a través da TDT. Por outra banda, o Galiza-Camerún tamén se vai poder ver en Euskadi a través da ETB-1.

Redacción - 13:00 27/12/2007

Baixo o lema de O fútbol galego une, a TVG emite unha programación especial, a través da TDT, con motivo dos partidos que as diferentes categorías da 'Irmandiña' xogan este xoves.

Na canle analóxica, vanse poder ambos os encontros que as seleccións nacionais absolutas, a feminina e a masculina, van disputar con Cataluña e con Camerún, respectivamente.

Ademais, na súa canle de TDT, a Galega vai realizar unha cobertura completa de 24 horas -dende ás 8.00 horas até ás 20.00 horas, incluídas as retransmisións dos partidos das seleccións sub-18 e sub-16, masculinas e femininas.

Tamén se emitirán tres documentais sobre a historia do noso fútbol: Selección Galega, 70 anos despois, A futbolización da Galiza e 70 anos de fútbol galego.

Emisión analóxica en Euskadi
Por outra banda, os galegos e as galegas que viven en Euskal Herria e que aínda non contan con TDT están de noraboa, xa que a primeira canle da televisión pública vasca (ETB-1) vai emitir o partido que enfronta aos 'Irmandiños' cos 'Leóns Indomábeis'. Será en diferido, a partir das 23.00 horas.

E a Galega, tamén, vai ofrecer o sábado en directo (20.30 horas) o encontro entre as seleccións nacionais de Euskal Herria e Cataluña.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: