Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
'Os Irmandiños' xa gañan

Estrea de luxo: Galiza 2, Braga 0

O adestrador nacional da Selección Galega masculina sub-18, Manuel González Corredoira, comenta o partido para Vieiros.

Redacción - 14:30 27/12/2007

"É a primeira vez que xogan xuntos todos os rapaces, así que nos limitamos a colocalos nos seus postos naturais", afirmou Manuel González Corredoira adestrador nacional da 'Irmandiña' masculina sub-18.

"Saímos forte ao ataque e aínda que marcamos os dous primeiros goles na primeira metade (1-0, Dani Carballeira; 2-0, Alexandre Moya; os dous do CD As Pontes) foi cando mellor xogou Braga.

Tivémonos que repregar e até que collemos o ritmo do partido non conseguimos impoñer o noso xogo", dixo González Corredoira, quen engadiu que "na segunda metade xa non nos causaron tanto perigo".

A Selección Galega saíu xogar ao ataque cunha formación 4-2-3-1. O adestrador cambiou a todos os xogadores para que puidesen participar os dezaoito xogadores convocados. As bancadas do estadio municipal de Bouzas estaban cheas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: