Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cifras do primeiro semestre de 2007

Forte descenso na compravenda de vivendas

Só en Cataluña houbo unha caída tan forte no sector, segundo os datos do Colexio de Rexistradores.

Redacción / EP - 09:00 02/01/2008

Galiza rexistrou o segundo maior descenso a nivel estatal nas cifras de compravenda de vivendas no primeiro semestre de 2007, ao alcanzar unha baixada do 16,6%, só superada por Cataluña, que realizou un 19,2% menos de operacións. A media estatal quedou nun 10,2%, segundo as cifras do Colexio de Rexistradores.

Alén de Galiza e Cataluña houbo tamén fortes caídas no mercado en Madrid e Canarias, nos dous casos un 16,4%, e en Cantabria, un 15%. Os únicos incrementos no conxunto do Estado producíronse na Comunidade Valenciana, un 15,2% máis, Navarra, un 11%, A Rioxa, un 9% e Castela-A Mancha, incremento do 3%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: