Dende a organización sosteñen a importancia de analizar como afecta o fenómeno ao campo galego.
O sindicato Unións Agrarias promove o primeiro Congreso 'Medio Rural, Agricultura e Cambio Climático', que se celebrará en Compostela os días 28 e 29 de febreiro. O foro quere abordar o papel dos agricultores e dos gandeiros para axudar na loita contra o cambio climático.
As xornadas van ter lugar no Pazo de Congreso e Exposicións da capital de Galiza. Segundo explican dende Unións, o obxectivo é poñer en contacto por primeira vez aos profesionais do sector agrario galego con expertos no campo da investigación do cambio climático, administracións e universidades.
O Congreso tamén quere xerar documentación que avalíe o impacto do cambio climático no noso país, especialmente no sector agroforestal. Poden consultar a páxina das xornadas.