O colexio que leva o seu nome en Lugo dedicaralle este mércores unha homenaxe
Luis Pimentel, que en realidade chamábase Luís Benigno Vázquez Fernández, naceu en morreu en Lugo, falecendo o 13 de febreiro de 1958, hai exactamente hoxe cincuenta anos. Foi autor de Triscos e de Sombra do aire na herba en lingua galega. Na súa poesía observamos influencias do modernismo, de ismos vangardistas, do simbolismo francés e do existencialismo de posguerra. Canto á forma, destaca o verso libre, imaxes vangardistas, os paralelismos e as anáforas. En 1990 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
O colexio que leva o nome do autor en Lugo dedicaralle este mércores unha homenaxe. Despregarase na entrada do centro unha tea coa imaxe do escritor e algún dos seus poemas que permanecerá exposta todo o ano, e os alumnos farán unha breve reseña da súa biografía e da súa obra e lerán algúns dos seus poemas. Así mesmo, a semana cultural que todos os anos celbra no mes de Maio este ano estará dedicada a Luís Pimentel.
XOGO RUÍN (Luis Pimentel)
Aquil neno
pinchaballe os ollos
ós paxaros;
e gustáballe ver sair
esa gotiña
de aire e de lus,
ise rocío limpo
de mañanciñas frescas.
Logo botábaos
A voar
e ríase de velos
topar contra o valado
da súa casa,
con un ruido moi triste.
Creceu e foi de aquiles.