Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Thom Yorke pide aos gobernos e a UE a comprometerse ás reducións das emisións de gases de efecto invernadoiro

Amigos da Terra lanza unha campaña para combatir o cambio climático en toda Europa

Unha campaña europea para combatir o cambio climático será lanzada hoxe (mércores 27 de febreiro) por Amigos da Terra e o cantante de Radiohead Thom Yorke. Esta campaña ten por obxectivo motivar aos gobernos e a Unión Europea a comprometerse a reducións anuais de emisións de gases de efecto invernadoiro para frear o cambio climático.

Amigos da Terra - 11:23 27/02/2008
Tags:

The Big Ask reúne a grupos de Amigos da Terra de 17 países europeos [1] cada cal está pedindo ao seu goberno introducir a lexislación vinculante para conseguir reducións anuais de emisións. Xuntos están pedindo á Unión Europea que obligue a todos os Estados Membros a reducir as súas emisións ano a ano.

Thom Yorke lanza a campaña europea en Bruselas onde presenta un símbolo de The Big Ask ao Comisario Europeo do Medio Ambiente, Stavros Dimas. Thom Yorke apoiou a campaña The Big Ask no Reino Unido onde, gracias a dous anos de campaña de Amigos da Terra (Friends of the Earth), unha proposta de lei sen precedentes sobre o cambio climático está en tramite para convertirse en lei. Agora, Thom Yorke está levando a campaña ao resto de Europa.

Thom Yorke
dixo: "Nunca despertaremos do pesadelo do cambio climático se non actúan os nosos gobernos nacionais e a Unión Europea. Eles son os que van redactar as leis que debemos cumplir coma ciudadanos e coma empresarios. Eles son os únicos que poden poñer en marcha as estruturas que nos axudarán para combater o cambio climático. É por iso que estamos lanzando The Big Ask en dezasete países en Europa. Comprometéndonos a reducións anuais nas nosas emisións a un nivel nacional e europeo podemos poñer o noso gran de area para combater o cambio climático, e ao mellor dar un exemplo para o resto do mundo a seguir. Centos de miles de persoas queren ver aos seus gobernos facendo máis sobre o cambio climático. Se tu eres un/ha deles/as, infórmate da campaña de Amigos da Tierra The Big Ask no teu país en http://www.thebigask.eu/."

Diferentes actividades estanse a realizar por todo o continente para remarcar o comezo da campaña europea. En Finlandia activistas chaman a atención con manifestacións de homes de neve en 22 cidades, mentras en Holanda activistas constrúen un dique diante do edificio do parlamento e invitaron aos políticos e celebridades a rechear ocos con sacas de arena. A nivel europeo Amigos da Terra quere ver reducións anuais de emisións para todos os Estados Membros e un sistema forte de cumplimento para garantizar que estas reducións realmente se cumplan [2].

Martin Rocholl
, Presidente de Amigos da Terra en Europa dixo: "É demasiado fácil para os gobernos ignorar metas a longo prazo sobre o cambio climático. Metas anuais van a forzar aos políticos de hoxe e mañá a ser responsables das reducións de emisións e van presionarlles a cumplilas con rigor. A Unión Europea tamén está obligada a desenvolver un sistema sen fisuras de sancións para asegurar que os países realmente alcanzan as súas metas cada ano e as reducións que precisamos con urxencia ocorren de veras. Convértese nunha oportunidade fantástica para Europa, emprendendo a acción real, de liderar a loita contra o cambio climático no mundo e demostrar como os países poden facer subir as súas economías, mantendo a competitividade, creando postos de traballo e mellorando o medio ambiente ao mesmo tempo."
"Con The Big Ask, os cidadáns en toda Europa poderán pedir aos seus gobernos e a Unión Europea actuar contra o cambio climático. Coma unha rede ecoloxista de base Amigos da Terra está posicionada de forma especial para xerar este tipo de poder de público e realmente facer que os políticos póñanse firmes e escoiten."

The Big Ask pide a Unión Europea a comprometerse a reducións de polo menos un 30 por cento en gases de efecto invernadoiro en Europa para 2020 e 90 por cento para 2050. Amigos da Terra criticou a recente proposta da Unión Europea a reducir as súas emisións en só o 20 por cento para 2020 e tamén por non dar ningunha garantía de que estas metas sexan alcanzadas. [3]

[1] Austria, Bélxica, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Alemania, Hungría,Irlanda, Italia, Letonia, Malta, Holanda, Escocia, Eslovenia, España, Suecia e o Reino Unido.

[2] A proposta actual da UE para as súas políticas de reducións de emisións ata o 2020 (unha enmenda á directiva sobre Comercio de Emisións Europeas (ETS) e unha Decisión sobre emisións no marco das ETS) predice unha ruta lineal de reducións anuais pero non dan a Comisión o poder de asegurar aos Estados Membros que cumpren coas reducións a tempo. Sen un sistema significante de cumprimento e sancións hai un risco moi alto de que a UE non alcanzará as súas metas. Amigos da Terra esixe que cambie as propostas para incluir as ferramentas de cumprimento máis fortes dispoñibles á Comisión Europea.Un novo estudo de Amigos da Terra "Towards a Better Compliance Structure forthe European Emission Reduction Policies until 2020" (Cara a unha Estrutura de Maior Cumprimento para Políticas Europeas de Reducións de Emisións ata 2020) pódese atopar en www.thebigask.eu/background

[3] A UE acordou reducir gases de efecto invernadoiro domésticos en 30 por ciento para 2020 pero só se se alcanza un acordo internacional. A proposta para o 30 por cento de reduccións, e esta para o 20 por cento, inclúen a posibilidade para os gobernos e industrias de compensar as súas emisións cun alto número de proxectos sobre o clima fóra da UE. Ningunha norma de calidade está establecida para estos proxectos. Amigos da Terra esixe que os proxectos externos só deban contar para reduccións de emisións do 30 por cento, unha vez que as reduccións domésticos sexan alcanzadas, e que istos proxectos externos teñan un beneficio garantizado para o medio ambiente. Moitos proxectos, por exemplo o do Mecanismo de Desenvolvemento Limpo (CDM), están criticadas duramente por grupos ecoloxista e ONGs por non producir reduccións reais de emisións ou por incluso ser dañinos para a saúde da xente e o medio ambiente. Ir a http://www.oekoinstitut.de/oekodoc/622/2007-162-en.pdf

* Imáxenes de video con calidade para emisión estarán dispoñibles para baixar a partires das 15:00 CET o 27 febreiro en www.blastmedia.eu/foeeurope

* Fotos con calidade para prensa estarán dispoñibles para baixar a partires das 15:00 CET o 27 de febreiro en http://www.thebigask.eu/


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: