Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓN

Os gandeiros anuncian batalla contra a baixada do prezo do leite

SLG, UU.AA e XX.AA. consideran que non hai razóns obxectivas para unha caída de prezos e que o motivo é só especulativo.

Redacción - 17:38 03/03/2008
Tags: leite prezo

Os tres sindicatos agrarios galegos (UU.AA, SLG e XX.AA) están dispostos a enfrontarse unidos a calquera decisión unilateral das empresas de baixar o litro de leite en orixe. Nunha conferencia de prensa celebrada este luns en Compostela as tres organizacións advertiron de que non dubidarán en tomar medidas de presión contra o que consideran que é unha manobra de especulación das empresas. Refírense así a algunhas empresas que xa anunciaron baixadas de entre tres e seis céntimos por litro para o mes de febreiro que aínda teñen pendente de pago.

A baixada de prezos na primavera é algo habitual dende hai anos debido a que aumenta a superficie de pasto e a produción, á vez que Francia acostuma a liberar excedentes. A gran oferta fai habitual este tipo de caídas, mais o habitual é unha recuperación de prezos no seguinte trimestre. Porén, dende os sindicatos consideran que non hai desta vez ningunha razón obxectiva para isto e consideran que se debe a simple especulación económica das empresas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: