Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Son os 'abellóns' metálicos

Unhas cámaras voadoras han controlar Suíza durante a Eurocopa

A cidade de Zürich vai empregar estes aparellos para controlar tamén o tráfico e o que acontece na vindeiro europeo de fútbol, que comezará en xuño.

Redacción - 12:40 24/03/2008

A cidade suíza de Zürich vai empregar cámaras voadoras para controlar a situación do tráfico e da "seguridade" durante a Eurocopa 2008 de fútbol.

Após varias probas a policía suíza autorizou estes aparellos voadores, denominados "abellóns", segundo publicaba o dominical NZZ am Sonntag.

As cámara voadoras, unhas 28 duns cinco metros de lonxitude, van ser manexadas por membros de exército suízo do aire, e as súas imaxes, segundo a armada deste país, van axudar a controlar as grandes aglomeracións humanas e o tráfico. Porén, aínda que todo apuntaba ao contrario, o exército suízo asegurou que non se van identificar a persoas illadas nin matrículas de coches, por "motivos de protección de datos informáticos".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: