Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUBA DA CEBADA

A cervexa, en perigo polo cambio climático

Un científico neocelandés advirte do incremento de prezo ou da desaparición da bebida pola dificultade de cultivar cereal no futuro.

Redacción - 19:30 09/04/2008

O prezo da cervexa vai subir considerabelmente polo cambio climático, polo menos en Australia e Nova Celandia. Jim Salinger, científico do Instituto Nacional da Auga e da Investigación Atmosférica de Nova Celandia, advertiu esta semana que o quecemento do planeta vai prexudicar os cultivos de cebada e encarecer o cereal, ingrediente básico da cervexa.

Segundo Salinger, iso significará que "ou haberá bares sen cervexa ou o seu prezo subirá". Advertiu que se poden esperar efectos semellantes en todo o mundo, aínda que o seu relatorio se limitou a Oceanía. As súas expectativas son que e 30 anos caia a produción de cervexa, especialmente en zonas de Australia, que terán un clima máis seco.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: