Quico Cadaval dirixe a dramatización das dúas pezas gañadoras do II edición do Premio Diario Cultural, 'O mal da vaca' e 'Saltimbanqui'.
O teatro volveu á radio, e agora regresa de novo aos escenarios. Viaxe de ida e volta que nesta II edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico permitiu coñecer e escoitar un bo número de pezas, un total de 27, nas que a palabra era a máxima protagonista. Para o xurado a obra gañadora foi O mal da vaca, de Begoña García, que este xoves será dramatizada por Susana Dans, Belén Constenla, Manolo Lourenzo, Rebeca Montero e Marcos Orsi. Porén, o público decantouse por Saltimbanqui, de Lois Pérez, que será representada por Xosé Manuel Olveira, "Pico", Xan Cejudo e Fernando Pedrido.
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este xoves 17 a partir das oito e media da tarde a dramatización das dúas pezas, que será coordinada por Quico Cadaval.
Ana Romaní e Anxo Quintela conducirán o acto no que ademais se presentará o libro-CD II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, editado por Xerais, que recolle a catro obras finalistas, e no que tamén actuarán os Tres peixes voando (Ugía Pedreira, Xabier Díaz e Guillermo Fernández).
Escoita aquí as obras finalistas:
Ola Silvia, ¿estás aí?
Último capítulo
O mal da vaca
Saltimbanqui