Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASOLAGAMENTOS NO CONTINENTE E SECA NA COSTA

Un estudo afirma que o urbanismo na costa mediterránea está a variar o clima en Centroeuropa

A ausencia de precipitacións nas áreas costeiras fai que a humidade se desprace a Europa e provoque fortes treboadas no verán.

Redacción - 14:07 01/05/2008
Imaxe de satélite do mar Mediterráneo

Imaxe de satélite do mar Mediterráneo

O urbanismo salvaxe na costa mediterránea podería ter a culpa do cambio na climatoloxía desa zona, onde xa non hai tantas treboadas de verán coma antes, e na de Centroeuropa, onde aumentaron os asolagamentos. Segundo o Centro de Estudos Ambientais do Mediterráneo (CEAM), o aumento das temperaturas e da contaminación nesas costas fai que a humidade se traslade ao continente.

Segundo o director executivo do CEAM, Millán Millán, a desaparición do solo de cultivo impide que se produzan as treboadas do verán. Na costa mediterránea evapóranse uns 14 gramos de auga de mar por metro cúbico de aire, pero precísanse dez máis para que se produzan as precipitacións. Sen esa auga, o aire volve á costa, agora cargado de contaminantes e ozono, que provocan en maior medida ca o CO2 o efecto invernadoiro.

Ese vapor permanece varios días no Mediterráneo, provocando un aumento das temperaturas na súa conca, e acaba desprazándose ao centro e o leste de Europa. Segundo o experto, a falta de precipitacións na costa aumenta a salinidade do Mediterráneo, o que perturba o paso das frontes e afecta a Portugal, Galiza e ao Cantábrico.

O estudo para explicar a desaparición gradual das tormentas de verán na conca mediterránea iniciouse en 1993 por encargo da Comisión Europea. No sexto e no sétimo programa marco de investigación investíronse máis de 280 millóns de euros.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: