Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Política europea

O Reino Unido pedirá o recoñecemento das súas linguas co-oficiais na UE

Solicitan que os habitantes que falen galés ou gaélico escocés poidan dirixirse ás institucións europeas no seu propio idioma.

Redacción - 11:30 12/05/2008

O goberno británico pedirá ao Consello de Ministros da UE que dúas das súas linguas nacionais, o galés e o gaélico escocés, se recoñezan como idiomas co-oficiais. Sen embargo non será o estado o que corra cos custes do uso destes idiomas na Unión Europea, senón que serán os gobernos do País de Gales e de Escocia os encargados de asumilos.

Porén, o goberno británico estima que esta demanda non será demasiado custosa, e expón ao respecto as cifras de falantes, indicando que a día de hoxe só existen 59.000 persoas que falen gaélico escocés, e aproximadamente 583.000 que o fagan en galés.

O galego, xunto co vasco e co catalán, foi declarado idioma oficial grazas ao regulamento do Consello do 15 de xuño de 2005, co fin de que como integrantes da UE, os galegos se puideran dirixir ás institucións da organización internacional na súa propia lingua. Actualmente, utilízase o galego escrito na Comisión Europea, o Consello, o Parlamento Europeo, o Comité de Rexións e o Comité Económico e Social, que envían os correos á Representación Permanente do Estado español, onde se traducen a inglés ou francés e os devolve a aquelas institucións para que sigan un trámite normal.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: