Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APROBADO NA PONENCIA POLÍTICA

Os populares abren a porta a pactos cos nacionalistas

A condición é que "abandonen a deriva soberanista". Elimináronse do texto as críticas de San Gil ao PNV.

Redacción - 13:52 21/06/2008

O relatorio político do PP aprobada no seu XVI congreso nacional de Valencia deixou aberta a porta á posibilidade de pactar cos nacionalistas, a condición de que abandonen a súa "deriva soberanista", en palabras do presidente do PP canario, José Manuel Soria. Soria recordou que o PP xa demostrou "ter capacidade para negociar e chegar acordos cos partidos nacionalistas democráticos e cremos que no futuro tamén debe ser así, pero a condición de que abandonen esa deriva soberanista na que están inmersos". Na mesma liña, a senadora e dirixente do PP catalán, Alicia Sánchez Camacho, tamén redactora da mesma relatorio, confirmou que o PP debe falar "con todo o mundo" pero "sen perder os nosos principios e valores".

O relatorio aprobouse case por unanimidade, con dous votos en contra. No texto eliminouse a crítica expresa ao PNV introducida por María San Gil, dirixente do PP vasco que abandonou a redacción deste relatorio precisamente por desavinzas sobre o seu contido. A redacción definitiva denuncia que algúns membros do Goberno vasco apostan por acabar co terrorismo, "pero os seus actos desmenten as súas palabras e colaboran de xeito insuficiente na derrota de ETA".


1,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: