Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
memoria do banco de alimentos

Recoñecemento á solidariedade ourensá

É unha das cinco cidades máis solidarias do conxunto do Estado. Segundo un informe anual da Federación Galega de Bancos de Alimentos, Ourense recada e reparte un 60% máis que provincias semellantes en número de habitantes.

Redacción - 09:30 13/08/2008

Ourense atópase entre as cinco urbes máis solidarias do conxunto do estado, segundo afirmou hoxe o presidente da Federación Galega de Bancos de Alimentos. Ademais, a ONG ourensá atende a quince mil persoas en toda a provincia.

A Memoria 2007 do Banco de Alimentos foi presentada hoxe polo seu responsábel en Ourense, José Antonio Fernández, que explicou o funcionamento da organización. A ONG recibe os excedentes alimentarios europeos, contacta coas empresas agroalimentarias da provincia, así como con outros bancos da Península, e reparte os produtos entre as persoas que precisan deles.

O presidente manifestou que o banco de alimentos ourensán representa un dos fortes do Estado "en canto á cantidade recadada", posto que outras provincias semellantes en número de poboación como Segovia, Huelva ou Guadalajara "recadan un 60% menos". Por isto asegurou que a provincia de Ourense se coloca entre as cinco primeiras do conxunto do estado en cantidade de alimentos recadada e repartida.

Beneficiarios do banco de alimentos
Na provincia de Ourense, Fernández manifestou que a inmigración supón un dos grandes receptores destes alimentos, sobre todo de lácteos, fariña e pastas, cereais e azucre, e destacou que na actualidade "o que máis fai falta é o aceite".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: