Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presuntamente revelada por un ex-membro

Poñen na rede unha lista cos nomes de 13 mil militantes da ultradereita británica

Avogados, soldados, mestres ou mesmo un crego forman parte da heteroxénea militancia do BNP. A pertenza dalgúns funcionarios a este partido vulneraría a imparcialidade esixida no seu traballo.

Redacción - 09:00 20/11/2008

As posicións anti-inmigración e a defensa da "supremacía" británica son algunhas das coñecidas argumentacións programáticas do Partido Nacional Británico (BNP), formación considerada o principal reduto político da extrema dereita por aquelas terras.

A prensa británica especula esta semana coa situación profesional na que estarían algúns dos seus membros que, malia militar nunha formación que non é ilegal, traballan en áreas onde os posicionamentos onde os coloca esa militancia distorsionarían a súa actuación. É o caso de funcionarios aos que se lles supón imparcialidade na atención a inmigrantes e minorías raciais.

Mentres, o líder do partido, Nick Griffin, quen lle atribuíu a filtración da lista de membros a un ex militante, aproveitou para defender que a publicación da lista contradí a idea de que o seu é un partido onde os afiliados son maioría de "cabezas rapadas". "Isto redefínenos como partido formado por xente normal de todos os ámbitos da sociedade", subliñou Griffin. Por outra parte, o organismo británico de protección de datos investigará a saída ao público na rede desa lista de militantes.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: