Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EFELCREN

Dáse a coñecer un proxecto de ensino dixital coordinado pola USC

O proxecto ofrece todo tipo de contidos para o profesorado de Primaria e Secundaria nunha web colaborativa.

Redacción - 11:15 07/12/2008

Un proxecto europeo de e-learning coordinado pola USC, Efelcren, presentouse esta semana en Madrid na Feira de Valorización de Produtos Europeos sobre Competencias Básicas, organizado polo OAPEE. O equipo compostelán foi seleccionado como exemplo de boa práctica neste encontro.

Efelcren crea e valida materiais didácticos mediante ferramentas gratuítas ou de software libre, que despois se empregarán en centros de formación de Primaria ou Secundaria. O traballo está cofinanciado polo programa Sócrates/Comenius 2.1 da Comisión Europea.

Nunha primeira fase, o proxecto reuniu investigadores, formadores de profesores, profesores, técnicos e estudantes de TIC para identificar as mellores estratexias de ensino e crear e avaliar materiais de ensino electrónico con contido interactivo. Estes contidos atópanse no Centro de Recursos. Tamén pode colaborar calquera persoa, achegando materiais propios de ensino dixital, ligazóns de interese ou ferramentas útiles, nunha  actualización constante.

Colaboran como socios do proxecto o Cesga, o Trinity College de Irlanda, o Centre of Information Technology of Education de Lituania, o Istituto per le Tecnologie Didattiche de Italia, o Haslev Seminarium de Dinamarca e a Euneos Corporation de Finlandia.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: