O protagonista da famosa serie estadounidense CSI Las Vegas saúda ao pobo vasco falando a súa lingua nun vídeo emitido a pasada semana.
O actor William Petersen, xa famoso por ser o protagonista da serie televisiva CSI Las Vegas, facendo o papel do forense experto en entomoloxía, Gil Grissom, sorprendeu aos vascos a finais da pasada semana, falando en éuscaro nun vídeo que se emitiu na tradicional recepción de Nadal do Lehendakari, Juan José Ibarretxe.
O actor comeza dicindo, en éuscaro cun acento norteamericano, "Lehandakari, señoras e señores, boas noites. Euskadi é moi fría, pero os vascos teñen un corazón quente". Petersen conta, ademais, que estivo estudando no país en 1974 e 1975, e que foi en Arrasate onde naceu a súa filla Maite Nerea (Maite significa Amada en éuscaro, e Nerea A Miña). O actor termina cantando unha canción en éuscaro.
En Euskadi Petersen pasou dous anos xunto coa, daquela altura, a súa moza Joanne Brady, para seguir cos seus estudos de interpretación e estudar drama cun profesor especializado na obra shakespeariana. Alí tamén coñeceu ao seu conselleiro e man dereita durante anos, Íñigo Barona, con quen representou a obra El Batas.