 
Os andaluces pasan á seguinte rolda da copa despois de vencer ao Deportivo nos dous partidos da eliminatoria.
 
											Imaxe do partido
O bo momento de forma no que se estaba o Deportivo da Coruña atopouse cun valado chamado Sevilla. O calendario determinou que estes equipos se enfrontaran tres veces nunha semana, e o equipo que adestra Manolo Jiménez sumou neste tempo outras tantas vitorias. O resultado foi a clasificación dos andaluces para os cuartos de final da copa e, na liga, a caída dos coruñeses até a sétima posición, fóra dos postos quen dan acceso directo ás competicións europea.
Despois dos bos resultados que logrou o equipo durante os últimos meses, agora tócalle medir o seu potencial real, xa que nos próximos tres encontros enfrontarase aos equipos máis fortes da liga: Barcelona, Madrid e Vila-real. Será despois destes encontros cando poidamos ver se o Dépor de Lotina vai en serio.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto