Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SENTENCIA SOBRE O 'ESTATUT'

O Constitucional podería deixar a Cataluña sen 'símbolos nacionais'

Algúns maxistrados progresistas reforzarían o bloque conservador e eliminarían do articulado as mencións á 'nación' catalá.

Redacción - 10:00 17/02/2009

La Vanguardia publica esta mañá unha filtración sobre os debates que dende hai semanas se veñen producindo no seo do Tribunal Constitucional sobre o recurso presentado polo PP contra o Estatuto de Cataluña. A decisión final adíase, principalmente pola división existente internamente sobre a presenza no articulado de referencias á nación catalá, en concreto aos símbolos nacionais de Cataluña. En concreto, no artigo 8.1 dise que "Catalunya, definida como nacionalidade no artigo 1, ten como símbolos nacionais a bandeira, a festa e o himno".

Aínda que o sector progresista está en maioría no tribunal neste momento, algún maxistrado deste sector podería apoiar os recurtes promovidos polos xuíces conservadores, que chegarían a unha maioría de 6 a 4. En principio respectaríase o texto do preámbulo (que non ten implicacións legais directas), no que se fai unha referencia ao carácter nacional de Cataluña en termos históricos (dise que "o Parlament declarou no seu día que Cataluña é unha nación"). Porén, quérese eliminar calquera referencia nos artigos, por ser considerados anticonstitucionais.

O sector progresista insiste en atopar unha fórmula de transacción que permita salvar o precepto relativo ao recoñecemento dos símbolos sen impedir a súa adxectivación, dado o especial valor que a sociedade catalá lle deu historicamente ao concepto de nacionalidade. O secretario xeral de ERC, Joan Ridao, afirmou este martes que se se confirma a información que publica La Vanguardia, se sentiría "avergoñado". "Sería para botar a correr", dixo, ao tempo que advertiu que "tería que haber unha resposta contundente".


2,82/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: