Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Euskadi2009

Arnaldo Otegi aposta por aunar forzas co fin de construír un estado vasco

En nome dun importante grupo de membros da esquerda abertzale, o ex líder de Batasuna fala de "negociación e acordo" e de "parlamento antidemocrático".

Redacción - 18:55 16/03/2009
Imaxe da rolda de prensa

Imaxe da rolda de prensa

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns en Donosti (Euskadi), Arnaldo Otegi tomou a palabra en nome dun importante grupo de membros da esquerda abertzale. O ex líder de Batasuna falou dunhas eleccións vascas que deixaron un "parlamento antidemocrático", e anunciou o inicio dun proceso de "contraste e análise política" coas diferentes forzas políticas, sindicais e sociais, que queiran "construír un estado para este país".

Otegi apostou pola "negociación e o acordo" para acadar a vontade dos cidadáns vascos dun xeito "libre, pacífico e democrático". Falou da necesidade dun "fondo cambio político e democrático", e dixo que estas últimas eleccións só agravaron a difícil situación de Euskadi, xa que "se antes tiñamos un marco xurídico político esgotado, agora temos ademais dous parlamentos antidemocráticos".

Sobre as primeiras roldas de contactos entre os diferentes partidos dixo que "o PNV e a maioría do EBB renuncian expresamente a construir un Estado para Euskal Herria e fíxanse como obxectivo ser unha forza rexional dentro das reglas de xogo do Estado Español". Do PSOE dixo que "saben que van facer un goberno que non conta coa adhesión da maioría popular deste país".


4/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: