Toca adiantar os reloxos. A madrugada do sábado para o domingo as dúas serán as tres, adoptando o horario de verán que fará máis longas as tardes.
Hai unha semana estamos en primavera, e a partir desta fin de semana entramos no horario de verán, que rexerá até o último domingo de outubro. Esta fin de semana hai que adiantar os reloxes; a noite do sábado ten unha hora menos, e a partir da semana que vén, amencerá unha hora máis tarde. Porén, todo isto compénsase con que as tardes serán máis longas.
Por exemplo, se este venres o sol saíu en Galiza ás 7:24 e se ocultou ás 19:54, o vindeiro luns amencerá ás 8:19 e o solpor chegará ás 20:58.