Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A nova Europa

O inglés, 'ameazado' no Reino Unido

A de Shakespeare é segunda lingua para un de cada sete escolares. O Partido Conservador pide un límite anual na entrada de inmigrantes.

Redacción - 10:00 29/03/2009
Damian Green, do Partido Conservador

Damian Green, do Partido Conservador

En 2004, segundo datos oficiais, máis de 450 mil nenos de educación primaria tiñan o inglés como segunda lingua. Catro anos despois, a cifra incrementarase case un 25%, superando os 565 mil. É dicir, en 2008, unha de cada sete crianzas en idade escolar, o 14.3% do total, son oriúndos de países non anglosaxóns, informa o xornal conservador británico Daily Mail.

Nalgunhas zonas, o inglés non é lingua materna para máis do 70% dos cativos de entre catro e 11 anos, porcentaxe que é do 100% en dez escolas do país. No caso da educación secundaria, a cifra ascendeu do 8,8% de 2004 até o 10,6% de 2008. Sumados, nos colexios e institutos británicos podería haber un millón de estudantes que responden a este patrón.

"Límite anual de inmigrantes"

O responsábel de inmigración do Partido Conservador, Damian Green, consultado polo tabloide, considera que "as cifras son alarmantes e ilustran como de difícil é a vida para moitos profesores por culpa da falta de control da inmigración do goberno", actualmente presidido por Gordon Brown.

O xornal -crítico cos laboristas- salienta ao respecto que o número de inmigrantes que entra no Reino Unido é cinco veces maior ca en 1997, cando Tony Blair chega ao poder. Concretamente, pasouse de 48 mil ese ano a 237 mil en 2007.

Á luz dos datos, Green opina que é evidente a "imperiosa necesidade dun límite anual de inmigrantes". "Australia ten un que acaba de reducir debido a recesión. Gran Bretaña debería facer o mesmo", sinala o deputado conservador.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: