Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo o auto do xuíz

Empresas de Dorado construían clandestinamente narco-embarcacións

O maxistrado tamén considera que a filla de Marcial Dorado colaborou "estreitamente" con el e sabía dos seus "negocios ficticios".

Europa Press - 13:00 04/04/2009
Lancha usada por narcotraficantes incautada nunha operación policial

Lancha usada por narcotraficantes incautada nunha operación policial

Empresas controladas polo narcotraficante galego Marcial Dorado Baúlde, detido xunto a outras nove persoas dunha rede internacional de narcotráfico dirixida por el, construíron diversas embarcacións "de forma clandestina" para a súa utilización en operacións de tráfico de droga.

Así consta no auto do titular do Xulgado de Instrución número 3 da Audiencia Nacional española, Fernando Grande Marlaska, ao que tivo acceso Europa Press, no que sinala que Marcial Dorado dende a década dos 90 constituíu "unha importante rede de sociedades", algunhas delas en paraísos fiscais, e todas elas con contas abertas en Suíza.

No Estado Español, e segundo o citado auto xudicial, destaca a empresa considerada "buque insignia" do narcotraficante arousán, Programallo S.A., a través da cal, "co fin de aflorar as ganancias ilícitas, adquírense diversos bens inmobles. En concreto, entre xuño de 1998 e o mesmo mes de 2003, constátanse oito empréstitos a favor de Programallo por unha cantidade aproximada de 21 millóns de euros.

O matrimonio Xosé Manuel Sánchez Zabala-Sara Sánchez encárgase da sociedade cabeceira da organización de Dorado, fixando o domicilio de Programallo S.A. en Málaga, pero o centro xestión efectivo da sociedade é o domicilio de Sevilla de Sánchez e Zabala. Ademais, o auto do xuíz pon de manifesto que os fillos do narcotraficante, María Dorado Fariña e Marcial Dorado Fariña, encargáronse da produción de viño e xestión da sociedade Quinta do Feital, Sociedade Agrícola e de Turismo, respectivamente. Lidia Dorado Fariña é socia desta empresa e Otilia Ramos, muller de Marcial, secretaria.

A partir de 2004 co bloqueo de contas bancarias en Suíza e Bahamas acórdase en xullo dese ano, como consecuencia da detención de Marcial Dorado, Programallo, a empresa a través da que a organización canalizaba e distribuía a maior cantidade de diñeiro, "deixa de ser operativa para inxectar efectivo ás outras sociedades do grupo".

Vendas ficticias
O auto de Grande Marlaska destaca que, entre outras operacións, en 2007 materializaron a través do grupo a "venda ficticia" dunha embarcación ('Hércules') por valor de 150.000 euros.

Tamén resalta que a sociedade Global Taunt S.L. adquire en 2006 un total de 38 terreos (por contías de 406.000 e 1.200.000 euros) e outra por 24.000 euros, o que suma unha contía de 1.630.000 euros. O xuíz recalca que esta sociedade, o obxecto social da cal é o asesoramento en materia económica contábel e financeira, "ten unha actividade eminentemente inmobiliaria".

Grande Marlaska sostén que, malia que Marcial Dorado colocou terceiras persoas nos cargos sociais das súas sociedades, "sempre conservou o control" sobre estas "ditando as directrices a seguir". Así, a súa filla María Dorado Fariña, unha vez nomeada administradora única de Programallo S.A. "confire a seu pai un poder sobre a sociedade tan amplo e bastante como en dereito sexa necesario".

Por todo iso, o xuíz considera que María Dorado "colaborou estreitamente" co seu pai na xestión dos negocios familiares e é coñecedora de que estes negocios "son deficitarios" e de que a finalidade da armazón societaria "é favorecer o afrouxamento do diñeiro presuntamente ilícito que se acha en Suiza". Tamén o maxistrado da Audiencia Nacional considera que "sabía" da existencia das sociedades off shore creadas en Suíza e da súa finalidade e que levaba a cabo "negocios ficticios" no tráfico xurídico coa finalidade de "ocultar a verdadeira natureza".

O xuíz decreta prisión
Deste xeito, o xuíz decretou prisión incondicional para Marcial Dorado, que lideraba unha rede internacional de narcotráfico desmantelada e considerada a máis importante de Galiza, a filla deste e un terceiro líder de rede, Eduardo M.,tras tomarlles declaración na Audiencia Nacional, polos delitos de branqueo de diñeiro procedente do tráfico de drogas e contra a Facenda pública.

Asimesmo, o día 1 de abril ditou outro auto similar polo que ingresaron en prisión José Miguel T., Sara Sánchez, José Manuel Sánchez Zabala, Félix P., Anxo R. e Alberto T.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: