Das grandes economías, só Francia esquiva esta importante contracción da economía.
O Estado Español sufriu unha caída do 1% no seu PIB
No cuarto trimestre de 2008, a economía da eurozona caeu o 1,6%, o que supón unha décima máis que a previsión inicial. Así o revela a oficina de estatística da Unión Europea (Eurostat) que confirmou o empeoramento da situación económica comunitaria. Así, son xa 14 os países afundidos na recesión e os expertos vaticinan que no primeiro trimestre de 2009 a situación ha continuar empeorando. Tal é así que, na actualidade, estes 4 países supoñen xa preto do 70% do PIB de toda a Unión Europea.
As causas desta situación son, segundo os analistas, o descenso do consumo privado e a inversión, así como as importacións e as exportacións. Só Francia, de entre as grandes economías europeas se salva, de momento, da recesión. Até o de agora só rexistrou un trimestre de contracción da economía (a recesión equivale a dous trimestres consecutivos con retrocesos do PIB). Mentres, Alemaña contraeu un 2,1%; Reino Unido caeu o 1,5%; Italia cedeu o 1,9%; e o Estado Español sufriu unha caída do 1%.