Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REUNIÓN

O Consello Nacional do BNG aproba a candidatura ás europeas

A lista, encabezada por Ana Miranda, foi referendada polo 92% dos asistentes.

Redacción - 17:15 25/04/2009
Ana Miranda encabeza a lista nacionalista

Ana Miranda encabeza a lista nacionalista

Ana Miranda Paz; Alberte Souto Souto; Encarna Otero Cepeda; Iolanda Veloso Ríos; Cosme Pombo Rodríguez; Margarida Vázquez Veras; Iván Area Carracedo; Helena Veiguela Martínez; e Xavier Vence, son os nove nomes elixidos polo Consello Nacional BNG para figurar por esta orde na candidatura ao Parlamento de Europa. A lista proposta pola Executiva contou co apoio do 92% dos membros do Consello Nacional.

O portavoz nacional en funcións, Anxo Quintana, dirixiuse aos xornalistas para explicar que nos vindeiros comicios “O BNG pretende que no proceso de construción europea a voz galega estea presente, e se faga atendendo á plurinacionalidade e á pluriculturalidade dos estados da unión”.

Quintana subliñou que o programa político da coalición na que se integra o Bloque,  Europa dos Pobos, “ten en conta que estamos nun momento difícil para as clases populares de Galiza e para as do conxunto de Europa”. Avogou por unha “voz forte que reclame a defensa dos servizos públicos e tamén que a crise non a sufran os máis febles”


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: