Magazine nocturno "para ouvintes que queiran pasar un tempo relaxados na súa casa (ou na cama) e cos cascos postos".
Dende este luns, Radio PAI conta cun novo programa na súa grella. Trátase de Hora Red Oyente, un magazine capitaneado por Charles Mathews (Carlos Mateo) que se emitirá semanalmente ás 23 horas.
Un espazo nocturno con entrevistas, invitados, coloquios, música e máis, "para ouvintes que queiran pasar un tempo relaxados na súa casa (ou na cama) e cos cascos postos".
O primeiro programa contou entre outros cunha entrevista ao cantante de MoonCresta, o poeta Carlos M. Escalera, así coma un coloquio sobre o éxito dos programas de televisión de novos talentos musicais, en concreto, o caso da cantante inglesa Susan Boyle.
Concertos de Radio PAI
Por outra banda, Radio PAI continúa a emitir concertos, "en rigoroso diferido", todos os martes ás 23.00 horas. Entre outros, Niño y Pistola, Gezos, Gotxos ou Monkey. Esta semana: Los Fabulosos Cubatas.