 
A secretaria xeral, Mar Pereira, dixo que o Consello da Xunta deste xoves aprobará un plan de medidas urxentes no eido das TIC.
O novo departamento da Xunta encargado de todos os asuntos relacionados coas novas tecnoloxías, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, dependente da Presidencia, levará ao Consello deste xoves un Plan de medidas urxentes no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación.
Segundo anunciou a secretaria xeral, Mar Pereira, o plan marcará a "folla de ruta no curto prazo", con actuacións inmediatas como a "identificación de proxectos claves na lexislatura", para fixar as prioridades no sector.
A responsábel de Modernización anunciou, ademais, que este mes de xullo se acometerá a licitación do Plan estratéxico global da Xunta de Galicia. Porén, non especificou se supoñerá un complemento, unha modificación ou a derrogación do vixente Plan estratéxico galego da sociedade da información (PEGSI), do que semella non haber constancia no Goberno. O novo texto contará, segundo Pereira, coa "participación activa dos diferentes axentes sociais", e convertendo o investimento en novas tecnoloxías como "un instrumento esencial para promover a equidade, a sustentabilidade e a calidade dos servizos públicos". 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto