Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe 2009

O incendiómetro de Adena avisa do elevado risco de lumes

O estudo anual deste colectivo sinala a elevada vulnerabilidade que manteñen os bosques do país.

Redacción - 09:00 15/07/2009

Castela-A Mancha, Castela e León, Galiza, Canarias e Cantabria son no conxunto do Estado as zonas con maior vulnerabilidade fronte aos incendios forestais. Así o pensan os expertos que elaboraron para o colectivo ecoloxista WWF-Adena o informe Incendiómetro 2009.

O estudo repasa até 21 variábeis, fixándose por exemplo no déficit de investimentos no territorio forestal ou o despoboamento. Por exemplo, os investigadores outórganlle a Galiza un dos peores resultados na avaliación da estrutura e xestión territorial como un dos factores de risco, moi por riba da media estatal. Tamén destacan negativamente a reducida porcentaxe de territorio forestal ordenado e o escaso investimento no sector forestal con respecto a outras áreas de actividade.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: