 
 
O voceiro parlamentario dos populares destaca os "informes xurídicos" que avalan a decisión da Xunta.
"É un novo compromiso cumprido de Núñez Feijoo", asegurou o voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, en conferencia de prensa celebrada na Cámara, onde recordou que o xefe do Executivo comprometera a "revisión" deste decreto e agora "cumpre" coa súa anulación.   
  
  Ruiz Rivas, aplaudiu así a decisión da Xunta de derrogar o decreto eólico aprobado polo anterior Goberno ao considerar que supón "a reposición da legalidade que nunca se debeu perder". Rivas resaltou que a decisión de derrogar o concurso eólico está baseada "en informes xurídicos que a avalan" e serve para "retomar" o "principio básico de legalidade".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto