Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AFIRMA QUE SON PRECISAS MEDIDAS URXENTES

O conselleiro de Medio Rural recoñece que o acordo lácteo do pasado mes de xullo non se cumpre

Samuel Juárez pídelle ao Ministerio de Medio Rural que convoque canto antes unha mesa de seguimento onde estean presentes sindicatos e industrias.

Redacción - 14:00 21/08/2009
Tags: leite prezo

Semanas despois de que milleiros de gandeiros se botasen ás rúas do país para denunciaren a dramática baixada de prezo do leite en orixe, a situación volve a ser moi negativa para os seus intereses. A pesar de que pouco despois das mobilizacións sindicatos e industrias asinaban un acordo que supervisaban as administracións, os incumprimentos son continuos.

O propio conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, recoñecía publicamente a gravidade da situación ao considerar que urxe unha reunión da comisión de seguimento do pactado en Madrid. De feito, o Goberno xa lle trasladou ao executivo español a necesidade de que se convoque a mesa nos vindeiros días.

Juárez dixo que non quería culpar a ninguén do que estaba a pasar. Porén, sinalou que a industria “deuse conta” que pode repercutir nos gandeiros a baixada do consumo pero que estes non teñen “en quen repercutir

Hai que lembrar que o pasado 21 de xullo Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores asinaron en Madrid un acordo até final de ano coas empresas lácteas que establecía un prezo orientativo mínimo de 31 céntimos por litro de leite. Como base de referencia tomábase os prezos que marca a Oficina de Gandeiría francesa. O SLG desvinculouse daquel acordo ao considerar que o marco de referencia non era  válido e sostendo que a única solución era un prezo mínimo fixo.
 


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: