Tres días despois, hai servizos de emerxencia na zona xa que non se considera totalmente extinguido. O PSdeG pide que se investigue a tardanza dos helicópteros.
O gran incendio que esta semana acabou cunha fábrica de redes de Boiro pode ter causado perdas de máis de oito millóns de euros. A familia propietaria da empresa estima que estas son as cifras que agora mesmo valoran. Aínda que o lume comezou o pasado mércores, na zona aínda hai servizos de emerxencias que velan diante da posibilidade que se reactiven as chamas.
A falta dun informe pericial completo, as primeiras hipóteses apuntan a que o incendio puido ser consecuencia dun accidente laboral, xa que na zona onde estaban amoreadas as rede había operarios que estaban a soldar.
Investigar fallos nos traballos de extinción
O deputado socialista Xosé Manuel Lage pediu que o Goberno abra unha investigación para determinar cales foron as causas da tardanza dos helicópteros de extinción de incendios. O parlamentario coida que unha actuación máis dilixente tería reducido considerabelmente as consecuencias do suceso.