Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UNHA ACTUACIÓN POLÉMICA

Grupos LGBT exixen que se suspenda un concerto en Compostela por incitar á homofobia

Os colectivos alertan de que o cantante Sizzla, que actuará na capital de Galiza o venres, ten letras que aplauden o asasinato de gais.

Redacción - 18:15 26/10/2009

A chegada a Galiza do cantante 'reaggea' Sizzla Kalonji está a poñer en pé de guerra aos colectivos de gais, lesbianas e transexuais do país. A razón non é outra que as polémicas letras do vocalista xamaicano, que xa foi denunciado noutros países, tamén no seu propio, por incitar á homofobia. A orixe da polémica está, sobre todo, na letra dunha das súas cancións que chega a afirmar: “mata un maricón e sente orgullo”.

Dende Colega Galicia, que agrupa as asociacións LGBT do país, o seu presidente Rafael Moral salienta que avisarán á policía dos antecedentes do artista como medida de precación diante do concerto programado para o vindeiro venres na sala Capitol (Compostela). Tamén lembra que o cantante xa tivo problemas coas autoridades de Alemania de onde “foi expulsado”.

A presenza de Sizzla tamén está a causar polémica en Cataluña, onde ten previsto un concerto. En 2007, unha súa xira por Canadá estivo rodeada da mesma controversia e do boicot dos grupos LGBT.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: