Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA BUSCA DUN PODER MONOCOLOR

Feijoo marca como obxectivo prioritario gobernar todas as deputacións en 2011

Xosé Manuel Barreiro foi reelixido este sábado presidente dos “populares” de Lugo co 99% dos votos.

Redacción - 19:21 31/10/2009

Durante o congreso provincial do PP de Lugo, no que Xosé Manuel Barreiro, volveu a ser elixido como presidente, Alberto Núñez Feijoo revelou cal é a principal meta electoral do PPdeG a curto prazo: ampliar a cota de poder local. Diante dun milleiro de militantes, Alberto Núñez Feijoo, arengou ás bases lucenses afirmando que “non estamos aquí pola nosa cara bonita, imos traballar para gañar concellos e volver ter as catro deputacións de Galiza”.

Feijoo pediu un esforzo especial para os comicios locais que se celebrarán dentro dun ano e medio. Na formación conservadora consideran que a cita electoral de 2011 é clave para apuntalar a maioría absoluta que obtiveron o pasado 1 de marzo.  No PPdeG confían en manter o apoio nas comarcas rurais e derrubar gobernos socialistas e nacionalistas nas principais cidades e vilas do país

Feijoo, reiterando o discurso da campaña electoral pasada, acusou ao PSdeG de “estar sometido ao BNG” e cualificou á organización nacionalista de ser “a minoría da minoría”


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: