A porcentaxe de cataláns dispostos a abandonar o Estado Español é similar á dos que están en contra.
Case empate técnico. Isto é o que se desprende da última enquisa de El Periódico de Catalunya a respecto da independencia. Segundo o estudo demoscópico, o 39% dos cataláns prefirirían vivir nunha Cataluña independente, fronte a un 40,6% aos que lles disgusta esta posibilidade.
Por simpatizantes de formacións políticas, o 97,5% dos votantes de ERC están a prol da independencia. Dentro dos que optaron por CiU nas últimas eleccións, o 56,9% vería con bos ollos unha Cataluña plenamente soberana. Pero o sentimento independentista tamén está presente nos partidos non nacionalistas: ICV (36,4); PSC (30,1) e incluso no PP (9,8%)
Poden ver aquí o estudo demoscópico