China negocia a construción dunha liña de alta velocidade de aquí a 10 anos, con convoios que superen os 300 km/h.
China aposta pola alta velocidade
O goberno chinés pretende investir máis de medio billón de euros na vindeira década para expandir a súa rede ferroviaria de alta velocidade, que incluiría conexións coa India e con Europa. Neste senso, segundo a información que publican este martes varios medios ingleses, mantén negociacións con 17 países.
En concreto, a viaxe ao Vello Continente, con destino final en Londres (máis de oito mil quilómetros en liña recta), tería unha duración de dous días, tendo en conta que os convoios superarían os 300 km/h.
O percorrido incluiría Rusia, Kazakhstan, Ucraína, Polonia, Alemaña, Francia e, por último, Inglaterra. Ademais, os viaxeiros europeos poderían enlazar con outras hipotéticas rutas que os levarían deica Vietnam, Tailandia, Birmania e Malaisia.
Máis información: