Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
De Monte Pío á Moncloa por correo

Feijoo pídelle por carta a Zapatero unha reunión urxente falar das caixas

O presidente comprometérase no Parlamento a intentar unha xuntaza co seu homólogo español para intentar despexar o futuro das entidades de aforro.

Redacción - 12:05 19/03/2010

Logo de semanas de enfrontamento aberto entre a Xunta e o goberno español pola Lei de Caixas, o gabinete do presidente galego informou que acaba de enviarlle unha carta a Zapatero para solicitar un encontro urxente. A misiva vai rumbo a Madrid despois de que Feijoo se comprometera o pasado martes a intentar unha última xuntanza co executivo español para desbloquear os puntos da lei que recorreu xudicialmente o goberno estatal.

Dende a Xunta agardan que a “intervención directa do presidente nun asunto prioritario” pode ser “unha solución que resolva o incidente institucional”. Segundo a nota, Feijoo está “convencio de que Zapatero comparte o ánimo de atopar unha solución que satisfaga as dúbidas do goberno español respecto ao texto galego”.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: